Oficina Nacional de Seguridade (ONS)

A Oficina Nacional de Seguridade (ONS) créase, en 1983, como Órgano de traballo do Secretario de Estado Director do CNI para cumprir cos seus labores en relación á protección da información clasificada.

A ONS ten por misión fundamental a de velar polo cumprimento da Normativa relativa á Protección da Información Clasificada, tanto Nacional como aquela que é entregada á Administración ou ás Empresas en virtude de Tratados ou Acordos internacionais subscritos por España (artigo 4 f da Lei 11/2002, do 6 de maio, Reguladora do CNI).